Eu tamén quero ser unha script-girl!!

Por que, meu Deus, caio a estas alturas do conto de que o que quero na vida é ser script-girl? En concreto unha script-girl tal que así:

Ella trabaja cada tanto como script-girl. Conozco a esas jóvenes “a la moda”. Tienen una vaga profesión, pretenden cultivarse, hacer deportes, vestirse bien, mantener impecable su apartamento, educar perfectamente a sus hijos, llevar una vida mundana, en una palabra éxito en todos los planos. Y no tienen verdadero interés por nada. Seguir lendo

O hardcore de culto de Lisabö en Pontevedra

VÍSCERAS    ANGUSTIA     BRUTALIDADE    SANGUE   COITO SALVAXE    DESEXO         RUDEZA       INTENSIDADE     RABIA     EXTENUANTE      CARNE   LIBERACIÓN      FRUICIÓN     NECESIDADE        COMBUSTIÓN VITAL    ANIMALIDADE           EMOTIVIDADE             DEMENCIA                   ESCURIDADE

Esta é unha recompilación das palabras que máis me gustaron de entre todas as que atopei en artigos que presentan e describen o novo disco de Lisabö, Animalia Lotsatuen Putzua (Bidehuts, 2011). Contundentes, atractivas ou repulsivas? inquietantes, sempre. Seguir lendo

O dramático caso de cando Sanxenxo se decatou de que era un pobo de veraneo

O Pobo das Fiestras Pechadas e as Persianas Baixadas atópase xunto ao mar e está feito de ladrillo. As súas rúas acostuman a estar baleiras. Pero, a calor e o sol traen paseantes que ateigan ata o último dos recunchos do Pobo das Fiestras Pechadas e as Persianas Baixadas; coma se fose cousa de maxia! Así, os paseantes son ao sol o que os fungos á choiva. Seguir lendo

Cat Power; muller irreparable

Hai discos que non te cansas de escoitar. Poden pasar os anos pero seguen a conter unha verdade que resiste modas, tendencias e estilos musicais, e que, se cadra, non a esgotas porque non a acabas de entender.

Creo que iso é o que lle pasa a Jukebox (2008), oitavo disco de Cat Power que supuxo a súa consolidación no panorama musical desde que no 2003 publicou un grandioso e estrano You are free. Seguir lendo